Cores Tourís interésase polas obras de mellora do subministro eléctrico realizadas por Sestelo

comarcasnarede.com.- O delegado territorial da Xunta en Pontevedra, José Manuel Cores Tourís, foi invitado pola firma Central Eléctrica Sestelo y Compañía para coñecer as obras desenvolvidas dentro do plan de investimento da firma na comarca do Condado e A Paradanta. Deste xeito, o delegado territorial da Xunta analizou con Adolfo Álvarez e Edgar Mosquera, representantes da empresa Sestelo, o compromiso inversor desta empresa na mellora da calidade de subministro no ámbito rural, acompañado polo xefe territorial de Economía, Emprego e Industria, Ignacio Rial.

José Manuel Cores Tourís recalcou o apoio da Xunta de Galicia aos investimentos que melloran o subministro eléctrico no rural, recordando que a Xunta aposta por servizos que permitan o desenvolvemento de actividades produtivas. Recordou o delegado territorial que grazas a investimentos como os que está a desenvolver esta firma, o rural galego pode conseguir unha importante mellora na calidade e garantía do subministro eléctrico, e matizou “dende a administración autónoma apostamos por este tipo de empresas, como Central Eléctrica Sestelo, que colaboran en potenciar o subministro eléctrico nas parroquias. Sen investimentos como o que leva a cabo esta empresa non é posible manter o servizo no rural en perfectas condicións xa que estamos a falar de núcleos de poboación reducida”. Sigue leyendo